Noticias de Hoy
ece62b0f9540cac48c1398961b442ce5d0c76e18__medium
Fecha: 05/05/2016
Horario: 21:30

Concierto de la Orquesta Sinfónica de Galicia con Rumon Gamba y Häkan Handenberger, en Vigo

Rumon Gamba é director principal e musical da Symfoniorkestern Norrlandsoperan. Entre 2002 e 2010 foi director titular e musical da Orquestra Sinfónica de Islandia, coa que gravou dous volumes das obras orquestrais de Malcolm Williamson e, máis recentemente, unha serie de traballos orquestrais de D’Indy, cun dos cales adquiriu un nomeamento aos Grammy. Outras gravacións inclúen algúns CDs premiados e nomeados para os Grammy como parte das súas aclamadas series de música de películas.

Häkan Handenberger é un dos mellores solistas na actualidade. Notable precursor das obras clásicas e contemporáneas de trompeta, comezou a estudar música aos oito anos. Na actualidade é profesor no Conservatorio de Malmö e na Real Escola de Música do Norte de Manchester.

A Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) foi creada en 1992 polo concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, e consolidouse como unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. O seu director titular é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario. A OSG gañou a Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e o Premio Cultura Galega da Música 2010 pola súa brillante traxectoria.

Programa

I
BRETT DEAN (1961)
Concerto para trompeta

II
WILLIAM WALTON (1902-1983)
Sinfonía núm. 1 en si bemol menor
Allegro assai
Scherzo: Presto con malizia
Andante con malinconia
Maestoso – Allegro, brioso ed ardentemente – Vivacissimo – Maestoso