Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño.
Sen facer moito ruído pero de maneira inequivocamente audaz, ELE, nome artístico da cantante e pianista madrileña Elena Iturrieta, terminou revelándose como unha das voces máis exquisitas e delicadas do novo panorama español. ‘Summer Rain’, o sorprendente disco co que a descubrimos fai tres anos, levouna a tocar en 75 teatros do Estado así como no festival South by Southwest de Texas.
O Concerto será o sábado 21 ás 12.30 horas.
‘What Night Hides’, o seu segundo traballo, gravado no lendario Studio Two de Abbey Road, preséntanos xa unha compositora de altura sen peaxes estilísticos e cunha capacidade para abordar sentimentos como a nostalxia e melancolía propia de artistas veteranos. Soul, gospel, folk e canción de autor de elegancia extrema e substratos hipnóticos.
Dadas as limitacións actuais de aforo (60 pax.) e o cambio de data, o martes 20 de outubro estarán á venda en Ataquilla.com as entradas restantes logo dos reaxustes e se nas próximas semanas as restricións se levantan, anunciaremos novo lanzamento de entradas.