Concierto Dakidarria en Cangas del Morrazo
Dende Galiza chega un dos grupos que máis está dando que falar dentro do novo panorama musical estatal. Dakidarría é unha banda formada por oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indiferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso.Tras quince anos de traxectoria editaron cinco discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome Discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008), “Realidades alienantes...” (Revolution Produccións, 2010), “... Utopías emergentes (Maldito digital, 2011), "10 anos na rúa" (Recompilatorio, 2015), "...Utopías emerxentes (Reedición en galego, 2015) e ”De cuncas e de mar” (En directo, Maldito Records, 2016). Durante este tempo presentaron o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e parte de Europa (ademais dunha xira que levounos a percorrer a República Mexicana) actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación.Actualmente o grupo encóntrase inmerso na presentación do seu novo traballo de estudio “LUME”