Noticias de Hoy
cro 1
Fecha: 12/05/2018
Horario: 22:30

Concierto Cró en Vigo. Fin de Fiesta Primavera Cine

Concierto Cró en Vigo. Fin de Fiesta Primavera Cine

No Primavera queremos despedir esta VII edición como se merece!
Para iso esperámosvos o Sábado 12 de maio ás 22:00 en Radar Estudios para gozar da actuación do grupo Cró!, quen será o encargado de conducir a nosa FESTA FIN DE FESTIVAL.

Gritan Cró! E ese é o seu nome.
Cró! Xorde en 2007 das profundidades da Ria de Vigo.
Banda de rock dificil de describir coas etiquetas comerciais da industria.
Alternativo? Psicodelico? Post? Progressivo? Vintage? Que cousa é un Cró!? Calquera melodia vale, só hai que “croarla”. Clasificar a Cró! faise entón complicado.
A súa música defíneos e as imaxes que o acompañan en directo complétaos. Cró! é música instrumental, cancións e improvisación. MOUNSTROS é o nome do seu último traballo que actualmente están a presentar.