Concierto Calavera + Atrás Tigre en Pontevedra
Calavera Con tres EPs e decenas de concertos ás súas costas que puxeron de acordo a crítica e público, foi unha das bandas máis galardoadas nas últimas edicións dos Premios da Música Aragonesa; participaron en varios recompilatorios de fanzines; os seus dous últimos EPs foron disco do ano para Mondo Sonoro Aragón; foron recomendación en Hoy empieza todo de Radio 3; compartiron escenario con grupos como Bigott, Luna ou Love of Lesbian e foron elixidos por artistas como Amaral ou Vetusta Morla para abrir os seus concertos.
Todo este camiño percorrido, xunto á evolución paralela da banda, queda agora plasmado en “Exposición”: dez novas cancións onde as pasaxes bucólicas e otoñales do inicio da súa discografía se tornan en atmosferas luminosas e potentes, sen perder un chisco do bo gusto e da calidez melódica das composicións de Álex, Ignacio, Iván e Isaac. Un disco de pop no que podes atopar desde guitarras próximas a The Cure ou os primeiros U2, ata coqueteos con Phil Collins ou Talk Talk, pero que ao mesmo tempo se nutre de sons máis actuais como os elegantes sintetizadores de Wild Beast ou Beach House. Outras referencias internacionais como Grizzly Bear ou Sufjan Stevens sitúanos nun camiño no que poucos se atreven a penetrar cuns coidados textos en castelán.
https://somoscalavera.bandcamp.com
Atrás tigre son unha banda de Santiago de Compostela formada por Pedro Solla (guitarra e voz), Olalla Cociña (teclados e voz), Xiana Arias (baixo e voz) e Antón Blanco (batería). A música de AT É unha na mezcla de jangle pop, shoegaze e post punk, emocionantes cancións pop, envoltas en atmósferas etéreas, herdeiras da escuridade do after punk e das paisaxes evocadoras do pop máis brumoso.
En 2016 publicaron o seu primeiro EP, “Atrás tigre”onde amosaban os seus dentes caninos a ritmo de jangle pop sucio e cósmico de cadencia primitiva -unhas veces doce, outras acelerada- e cunha tona agreste.
Co seu primeiro longa duración, "Fainos saír" van máis alá do son "c86" do seu debut en cassette para conseguir algo máis contemporáneo ao tempo que clásico. Procuran o seu lado máis synth pop dende unha sofisticada liberdade compositiva, con sintetizadores omnipresentes, guitarras vibrantes e melódicas e revoltosas liñas de baixo. Un bosque musical cheo de matices que invita á aventura.
Influencias dos 60 filtradas a través dos 80 para un disco de pop que se debate entre a ensoñación xuvenil e o desencanto inevitable da madurez. Esa tensión, análoga á do mellor "dream pop" británico, propulsa un disco que alterna momentos de pop luminoso, optimista, con paisaxes de chuvia, máis rabiosos. Asoman ocasionalmente algúns arranxos de vento, co barítono elegante de Pedro e unhas coidadas letras, dando un contrapunto perfecto ás guitarras e teclados máis xoguetóns.
https://atrastigre.bandcamp.com