Concerto Mala Reputación + Sonotones en Pontevedra
Mala Reputación homenaxea o libro de Sun Tzu, bautizando ao seu 7º traballo de estudo co mesmo nome; “El Arte de la Guerra”. Con case 20 anos de historia, Mala Reputación parecen saír vitoriosos da súa loita interna e ofrécennos o disco máis persoal de toda a súa carreira.
Unha aposta pola identidade, un paso máis, un deseño impresionante que transmite á perfección o concepto do disco, cancións enfornadas coa intención de que este disco sexa o estandarte que a súa manada ouvee orgullosa aos catro ventos mentres se achega a hora do combate.
O grupo acepta cada concerto como unha batalla, reclamando a vixencia, a historia, a oportunidade de seguir vivos e sentirse queridos tras tantos anos de guerra neste mundo da arte. Non hai mellor mostra diso que esta colección de cancións: “El Arte de la Guerra”, o mellor traballo de Mala Reputación ata a data.