Teatro Principal.
O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo 15 de novemebro, dentro da programación cultural do Concello que xa avanzara no seu momento Carme Fouces, o concerto do pianista Alberto Vilas “Naialma”.
Este concerto será o día 15 de novembro ás 20.00 horas.
O que é o seu primeiro traballo en solitario, o mais íntimo e persoal, está formado por temas compostos ao longo do tempo e como e “agora saen como do ventre dunha nai. Por isto titúlase Naialma, xogo de palabras que remite ás denominacións galegas de nai e alma”, apunta Alberto.