Concerto Carlos Zanetti en Pontevedra
O sábado 11 de novembro ás 19 h actuará no Sexto o compositor valenciano Carlos Zanetti dentro do programa Música no Museo. A entrada é de balde.
As súas composicións son moi coidadas e navegan entre o rock, o country e o folk. Presentan unha gran versatilidade temática, atopándose nelas crítica social, dúbidas existenciais, chamas que nunca se apagan…
Seguindo o sistema tradicional dos cantautores, Zanetti compón con acústica e piano.
Neste vídeo tes un exemplo das súas cancións.