Concerto Alpargata en Pontevedra
Alpargata chega a Galicia con motivo da presentación do seu novo single "Muelle Barón”, unha peza de latin jazz que reflicte un son fresco e consolidado e que nos adianta o que será o seu 4º disco de estudio.
Con máis de 10 anos de traxectoria, virando por toda España e parte de Europa, a banda madrileña tráenos a súa receita infalible que fusiona a rumba, o latin-jazz e o rock progresivo; todos estes estilos están envolvidos nunha atmosfera de humor e improvisación escénica, que non deixará indiferente a ninguén.