Cinema no xardín: Mutantes
MUTANTES
Álvaro Larriba, 2017, 107 min.
Durante o seu quinto ano de actividade, o Liceo Mutante enfróntase a problemas que, nalgún intre, levan a que as súas socias reformulen a continuidade do proxecto. Pingueiras que dificultan a normal actividade, perda de efectivos e cambios na súa estrutura, mascotas non desexadas... Neste contexto, o obxectivo do filme recae en ensinar as tripas da máquina, o seu motor, as socias. As persoas que fan posible co seu traballo desinteresado que, desde a nada, un local no barrio de Mollabao se converta nunha referencia a nivel galego e do estado español. "Mutantes" é o resultado da gravación case diarística de boa parte do que aconteceu no Liceo Mutante durante 2016, se cadra, o ano máis difícil que viviu esta asociación.