Cinema no xardín: Curtametraxes no Liceo Mutante
ORGANIZAR LO (IM)POSIBLE
Tonina Matamalas e Carme Gomila, 2017, 14 min.
En colaboración con Las Kellys Barcelona e Cooperativa de Tècniques.
As Kellys, a asociación autónoma de camareiras de hotel con oito grupos no estado español, loitan para mellorar as súas condicións de traballo e calidade de vida. Durante os 15 minutos que teñen para limpar un cuarto, falan de saúde e medicalización, política turística, feminización da precariedade laboral, migración, organización e resistencia, elementos que se entrecruzan para mostrar a complexidade que afrontan.
1977
Peque Varela, 2007, 8 min.
Unha cidade pequena, medra un nó e unha nena procura a súa identidade. "1977" é un bo exemplo de como se implantan os papeis sociais de xénero heteronormativos desde a infancia e como se pode (ou non) saír deles.
GATO ENCERRADO
Peque Varela, 2010, 12 min.
Segundo a tradición anglosaxona, os gatos teñen nove vidas. Porén, segundo a española tan posúen sete. Tomando como premisa ditos mitos populares, o film relata a vida de dous felinos que, ao longo da súa existencia, gozan de moi desiguais privilexios por ter nacido en lugares diferentes.
SANGUE DE UNICORNIO
Alberto Vázquez, 2013, 9 min.
Fábula aceda e con alcance ecoloxista que se serve de dous osiños que saen cazar unicornios: a súa presa predilecta (carne suave e sangue delicioso con sabor a arandos), nunha reinterpretación mordaz do mito de Caín e Abel.
DECORADO
Alberto Vázquez, 2016, 11min.
Paxaros que entoan o son das notificacións de WhatsApp, unha muller con voz de Loquendo, as
trepidantes desventuras amorosas dun monstro chamado romeo_69 (a barra baixa pronúnciase sempre, sempre). Surrealismo que remite á sociedade actual e ás modernas formas de comunicación. Decorado é unha curta tan filla do seu tempo coma profundamente atemporal, unha sátira chea de cinismo sobre o noso rol coma individuos nun contorno social.