Cinema: Entre aos Vilares en el Liceo Mutante
Tres rapaces da primeira xeneración non nacida na.aldea, reciben o encargo de facer un documental sobre a parroquia de nacemento de Díaz Castro, Os Vilares, sen ter coñecemento da mesma. Entrar aos Vilares e ir descubrindo a parroquia a través de veciños, que se convirten en protagonistas e narradores do audiovisual e as reflexións da man dos rapaces, plantexan un documento novidoso, tanto por non ter guión pre establecido como por fuxir de técnicas ao uso na gravación, sendo esta informal, viva e divertida.
Os tres mozos entran á parroquia situada en Guitiriz a cal descoñecen, co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:
1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: “Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos”.
2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.
3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.