Cineclube Pontevedra protecta: Los Hongos (Óscar Ruíz Navia, Colombia, 2014).
Cada noite despois do seu traballo na construción, Ras pinta graffitis en distintos muros do seu barrio ao leste de Cali. Aínda non durmiu e xa soña esperto. Un día perde o seu traballo por roubar uns baldes de pintura que empregaba para facer un gran mural. Sen un can no peto, cruza a cidade para xuntarse con Calvin, outro mozo graffiteiro que estuda belas artes e coida da súa avoa. Os dous percorrerán ao pairo a cidade e no camiño, coma dous fungos, contaminarán o seu contorno de inmensa liberdade.