Cineclube Pontevedra presenta: Xogos prohibidos.
Fuxindo dun París en guerra, Paulette, orfa de 5 anos, atopa refuxio nunha humilde e xenerosa familia de granxeiros. Canda a Michel, o fillo menor da familia, do que logo se fai amiga, ha recrear o seu propio universo, mesturando realidade e fantasía. Recoñecida internacionalmente, Xogos prohibidos é a obra mestra de René Clément, un dos filmes máis conmovedores e que máis intensamente evoca a infancia.
---------------------------------------
Premio honorífico nos Academy Award de 1952 na categoría de fala non inglesa.