Noticias de Hoy
a touch of sin 3
Fecha: 31/01/2017
Horario: 20:30

Cineclube Pontevedra presenta: Un toque de violencia

A través da historia de catro personaxes de distintas provincias, Un toque de violencia (Mellor Guión en Cannes 2013) reflexiona sobre a sociedade chinesa contemporánea, caracterizada por un desenvolvemento económico colosal e unha violencia cada vez máis presente na vida diaria. Unha viaxe a través da China contemporánea dende a rexión mineira de Shanxi, ao norte, ata a populosa Guangdong (Cantón), no sur, sérvelle a Jia Zhangke para retratar as xigantescas convulsións que o seu país foi sufrindo: o paso dunha sociedade rural inspirada pola doctrina do Gran Timonel a unha sociedade urbana dominada por un capitalismo salvaxe que acentuou a fenda entre ricos e pobres. Isto o que nos presenta Un toque de violencia: a mutación dun país e unha sociedade que xa non ten volta atrás.
----------------------------------------------------------
O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios. As persoas socias poden escoller entre tres tipos de cotas:
Anual (60 euros);
Trimestral (18 euros);
Prorrogada en cada sesión (2 euros).
Tanto a cota anual coma a trimestral poderase pagar en efectivo en calquera das nosas sesións, ou ben mediante domiciliación bancaria ou ingreso na nosa conta de Bankia: ES10-2038-4003-8260-0005-9732. A cota prorrogada farase efectiva en cada sesión á que asistas e o seu aboamento darache dereito, coma no caso das cotas anuais e trimestrais, a que, en calidade de socia, utilices os materiais do cineclube e teñas voz e voto nas asembleas xerais.
No enderezo web http://cineclubepontevedra.blogspot.com.es/p/faite-socio.html poderás atopar un formulario para facer os trámites sen saír da casa.