Anos sesenta, barrio madrileño de Maravillas. Eloísa é unha abnegada esposa e nai eficiente que vive co seu marido, un garda municipal máis autoritario na casa ca na rúa e ao que ás veces se lle vai a man. O seu fillo é un beato que saiu do seminario pouco antes de se converter en sacerdote e que pasa a vida estudando e rezando para expiar os pecados da súa familia. As fillas, dúas irmás obsesionadas de cadansúa maneira pola riqueza, profésanse mutuamente un profundo odio. A inxustiza reinante nun mundo sen piedade nun filme pouco coñecido do gran Fernando Fernán Gómez, que foi reposto en salas co gallo do seu 50 aniversario.
Fecha: 07/02/2017
Horario: 20:30