Cineclube Pontevedra presenta: Noite e día.
Jack (Thomas Langmann) e Julie (Guilaine Londez), unha parella que acaba de chegar a París desde provincias, vive o seu amor coma nun mundo á parte. Jack traballa como taxista polas noites. Julie, mentres, pasea pola cidade. O día pásano xuntos, pechados nun apartamento alugado. Ningunha preocupación os distrae da súa insaciable paixón. Pero certo día prodúcese un encontro entre Joseph (François Négret), o taxista diurno que comparte vehículo con Jack, e Julie. A partir de entón, Julie vai vivir dous amores en paralelo, cada un ao seu tempo e sen interferencias. Pasará toda a noite con Joseph e todo o día con Jack. Ese fráxil universo amoroso a tres bandas non tardará en mostrar as súas fendas.