Cineclube Pontevedra presenta: Jogo de cena (Eduardo Coutinho, 2007, 100', VOSE)
Sen ser propiamente un documental nin tampouco unha ficción, Jogo de Cena tivo un efecto devastador sobre a poboación brasileira que concibe o cinema coma o imperio das dualidades ou coma o paraíso da indiferenza. O filme, que decretou a fin da inocencia no documental de entrevistas en Brasil, minimiza a importancia de quen fala para realzar a hexemonía daquilo sobre o que se fala.