Cineclube Pontevedra presenta: Honor de cabalería.
Adaptación libre do Quixote. Viaxe paralela (cinematográfica e vital) á dos protagonistas do libro. A identificación destas dúas viaxes, da vida solitaria, anónima e desesperada co mundo épico da cabalería, no caso dos personaxes; e do filme soñado co filme que finalmente se ha poder levar a cabo, no caso da equipa de rodaxe, é o tema principal do filme. Non é, por tanto, a narración dunha aventura, senón a aventura dunha narración. Unha síntese estética e conceptual das influencias máis puras (Lancelot du Lac, O evanxeo segundo san Mateo, Francisco xograr de deus, Ozu, Sokurov...), o cinema renovador e excéntrico dos sesenta (Paradjanov, Godard) e a mitoloxía persoal do seu autor. A poesía, a sinxeleza, a beleza da relación íntima dos personaxes achégana os dous actores (Lluís Carbó e Lluís Serrat), que recuperan a nobre tradición dun tipo de interpretación non psicoloxista. Quixote e mais Sancho cabalgan sen rumbo na procura de aventuras. Polo camiño, discuten sobre temas espirituais, cabaleirescos, prácticos... e afondan na súa amizade.
-----------------------------------
Premio Fipresci - Viennale 2006