Boudu é un vagabundo parisino farto da sociedade, que trata de suicidarse tirándose ao Sena. Rescátao Lestingois, libreiro de mentalidade liberal que teima en reintegralo socialmente. Mais Boudu perfire dedicar a meirande parte do seu tempo sementando o caos no fogar do seu benefactor e cortexando a súa dona...
Excelente fábula que adapta o vodevil de René Fauchois, convertida nun dos títulos fundamentais na obra do insigne Jean Renoir (Toni, A regra do xogo, A grande ilusión). Inolvidable interpretación de Michel Simon (L'Atalante, O vello e o neno) no papel do vagabundo Priape Boudu, personaxe que interpretara previamente nos escenarios. Un filme perdurable que demostra a capacidade intemporal do mestre Renoir. Unha obra mestra do cinema francés.