Cineclube Pontevedra presenta: Agora si, antes non.
Un director de cine independente chega por erro ao seu destino un día antes do previsto. Aproveitando o exceso de tempo libre, entra nun palacio restaurado onde coñece unha artista coa que pasa o resto do día: visitando o seu estudio, coñecendo a súa obra, ceando, tomando algo xuntos... ata que ela lle formula unha pregunta cuxa resposta vai mudar todo. Se o día comezase de novo, moi posiblemente ambos os dous comportaríanse de xeito distinto, mais iso xa non se poderá saber, ou se cadra si?