Cineclube Pontevedra: Mamma Roma.
Un dos filmes máis emblemáticos do mestre italiano Pier Paolo Pasolini, un retrato social desesperadamente arrebatador. Anna Magnani exerce de descomunal protagonista nun filme feito á súa medida e desprega todo o seu portento dramático para conmover o espectador coa súa visceralidade sen límites. Unha obra mestra fundamental na historia do cinema europeo.