Ciclo Ficcionate en Pontevedra
No ciclo proxéctanse as obras Illa Pedra (protagonizada por María Tasende e Nerea Barros), Einstein-Rosen (Premio Mestre Mateo 2017 á Mellor Curtametraxe de Ficción), Curricán (Premio do Festival de Cans en 2015) e Superpunky, El Musical (apodado o “La la land galego”).
O ciclo percorrerá diferentes concellos de Galicia proxectando estas obras coa presenza de representantes de cada filme.
Porriño é a sétima parada dun tour que percorrerá diferentes cidades e vilas galegas como Malpica, Santiago de Compostela, Pontevedra e Fisterra entre outras.
Os filmes tratan temáticas de rigorosa actualidade.
Illa Pedra é unha curtametraxe de Adriana Páramo protagonizada por María Tasende e Nerea Barros que aborda o tema de emigración. Con tintes autobiográficos, a directora cóntanos a historia de Antía, quen deixa a súa terra e a súa mellor amiga Iria séntese traizoada.
Einstein-Rosen de Olga Osorio (premiada en diversos festivais e gañadora do Premio Mestre a mellor curtametraxe 2017) narra a historia de dous irmáns, que, no verán do ano 1982 aseguran atopar un buraco de verme. Pola súa banda,
Curricán de Álvaro Gago, narra as aventuras de Xoan Curricán na mariñeira Vilanova de Arousa, a súa vinculación co mar e o que facer diario dun rapaz de aldea co seu avó e irmán.
O ciclo proxectará en numerosos concellos de Galicia, os filmes Lurna, Quinta Provincia, Matria, Zuzgwang e Perversa Lola. Representando a cada obra, estarán presentes:
Lurna: Nani Matos (director da curtametraxe)- pendente de confirmar
Quinta provincia: Miguel Canalejo (director)
Matria: Álvaro Gago (director)
Zugzwang: Diego Markwalder (director)
Perversa Lola: pendente confirmación de representante
E dado que este ano os musicais están en plena efervescencia grazas ó fenómeno “La la land”, o musical Superpunky pecha a selección desta nova edición de Ficciónate. Protagonizado por Antea Rodríguez e Sabela Arán e coas notas musicais dos grupos Priscila e Monoulious DOP. Unha selección diversa en canto a temática, xénero e concepto audiovisual.