Noticias de Hoy
Camarada Nimoy
Fecha: 22/02/2014
Horario: 22:00

Camarada Nimoy

A sala Karma acolle o vindeiro sábado 22 de febreiro o concerto de Camarada Nimoy a partir das 22h. As súas frecuencias sonoras fundidas coa proposta visual da banda levarannos de viaxe desde Pontevedra até unha república ideal fundada na galaxia exterior. A entrada para o concerto da Karma (Rúa Marqués de Riestra, 34) ten un prezo de cinco euros, con agasallo dun cd cos 8 temas do primeiro disco de Camarada Nimoy.

A banda de Vigo está reeditando o seu primeiro vinilo tras agotar unha tiraxe que saía á venda o pasado setembro. Camarada Nimoy xorde en 2012 da necesidade expresiva dos seus integrantes Pablo Muñiz ao baixo, Gontxu Muiños a guitarra electrica, Diego de Luis batería, e Paulo Pascual, guitarra eléctrica e theremin. Esa necesidade materializouse a modo de frecuencias sonoras utilizando a linguaxe musical e os recursos que coñecían. Unha proposta instrumental que funciona como banda sonora das imaxes que proxectan en cada concerto.

”Cando arrancamos sabiamos que a nosa é unha proposta arriscada, noutros xeneros está xa asimilada a autonomía da música sen unha voz solista, no jazz, no swing, no surf… no rock até agora non tanto, pero funciona perfectamente. Tras o concerto de presentación do vinilo en Compostela no Zona C, tanto Unicornibot coma nós, falamos da impresionante acollida do publico (entradas esgotadas e moitos discos vendidos polas dúas bandas) nun concerto de dous grupos totalmente instrumentais. Ver a xente como o pasaba de medo foi como unha confirmación”, contan.

O uso do theremin, as guitarras surf horror, harmonías balcánicas mesturadas con lounge ou space age pop forman parte dun cóctel que serven dun xeito espontáneo, e natural. Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos (o quinto membro é Jesús Tejada, ao mando dos disparos visuais) cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles

Co vinilo vermello editado en setembro esgotado, cun directo que percorreu Galicia (Bueu, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Chantada, Vigo, Ordes) e Portugal (Vila Real, Guarda, Viana do Castelo) e cun primeiro video clip gravado no verán na viguesa praia dos Olmos co tema ”A fantástica bici do Dr. Hoffman” e un segundo a piques de estrearse, Camarada Nimoy comeza 2014 coa reedición (en azul) do seu disco e preparando novas composicións e artefactos gravables.

A entrada do sábado 22 na sala Karma comezará ás 22h e ten un custo de 5 euros. Pero, ollo, con agasallo do CD versión peto do grupo.

Web: www.facebook.com/camarada.nimoy