Noticias de Hoy
Fecha: 16/06/2018
Horario: 11:30

Caderno/Postal/Poema – Obradoiro con Ismael Ramos en Pontevedra

Caderno/Postal/Poema – Obradoiro con Ismael Ramos en Pontevedra

Nin obradoiro de escrita literaria, nin clase mestra, máis ben espazo de exploración, cuestionamento e descuberta. Por que escribimos? Para que escribimos? En que situacións? Neste curso intensivo de tres horas con Ismael Ramos reflexionaremos sobre aquilo que lle é común a calquera expresión escrita, sobre aquilo que nos conduce do apuntamento nun caderno á postal, e da postal aberta a un poema.

Para información de prezo e inscripcións escribide a librariapaz@gmail.com

Ismael Ramos (A Picota, Mazaricos, 1994) é graduado en Lingua e literatura españolas e máster en Estudos da Literatura e da Cultura pola USC. A súa liña de investigación céntrase na poesía e a arte contemporáneas na súa relación coa noción de espazo e a fenomenoloxía da percepción. Como poeta ten publicado a plaquette Hábitat-Interferencias (2013), o diálogo A ferida (2013, con María do Cebreiro) e os poemarios Os fillos da fame (Xerais, 2016) e Lumes (Apiario, 2017). A súa obra foi antologada nos volumes No seu despregar (Apiario, 2016), 13. Antoloxía da poesía galega próxima (Chan da Pólvora e papeles mínimos, 2017) e Poetízate (Xerais, 2018). Ademais, textos seus viron a luz en revistas como A Bacana, Clarín, Grial, Luzes, Oculta Lit, PlayGround, tr3sreinos ou Dorna e foron traducidos ao inglés, español e portugués. Na actualidade mantén o blog o triste Stephen (otristestephen.tumblr.com).