Noticias de Hoy
bestiario medieval D
Fecha: 25/11/2017
Horario: 17:30

O bestiario medieval. Obradoiro lúdico educativo en Pontevedra

O bestiario medieval. Obradoiro lúdico educativo en Pontevedra

Nesta actividade nenas e nenos crearán o seu propio bestiario a imitación dos medievais, libros onde animais fantásticos e reais encarnaban os valores enfrontados do ben e do mal, dando lugar a fermosas ilustracións miniadas de cores brillantes.

Na realización desta actividade traballarase con debuxos que representan algún dos animais que se mostran en pedra nos capiteis das Ruínas de San Domingos: mouchos, dragóns, xabarís… e xogando con eles crearán novos seres híbridos.

Esta actividade enmárcase dentro das que complementan o festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes.

Ofértanse 12 prazas para nenas e nenos que poden vir acompañados por adultos.

A inscrición é de balde e farase concertando cita co Gabinete Didáctico (de luns a venres de 8:30 a 14:30 h) no teléfono 986 804 100 ou no correo-e gabinetedidactico.museo@depo.es. Tamén se pode realizar no punto de información do Sexto Edificio.

Bestiario498