Noticias de Hoy
Atencion Tsunami
Fecha: 24/01/2014
Horario: 20:30

Atención Tsunami + Autumn Comets

Non estaban mortos nin de parranda: os Atención Tsunami estiveron a limar o presente e malear o futuro. Durante estes mais de tres anos (longuísimo periodo dende o seu debut El Lejano Oyente) o seu presente foi a súa banda paralela Incendios (coa que editaron un sublime "El Cuerpo Humano") e foron preparando todo para este bonitiño retorno chamado "Lo de Ayer No Iba en Serio". Agora comezan a presentalo pola xeografía estatal e pasarán polo Liceo para darlle calorciño.

Veñen acompañados ademáis polos Autumn Comets, que despertan non poucas paixóns entre os seguidores do pop ambiental, slowcore e acólitos da Igrexa de Low. Un disfrute total de proposta musical delicadiña e ben feita para mecer os teus oídos.

Tardiña de suavidade para arrimarse e combatir a friaxe por unha cousiña simbólica de cinco ecus para repsol, digo, as bandas.