Noticias de Hoy
Pulido
Fecha: 21/11/2013 a 12/01/2014

Antón Pulido. Kermesse

Kermesse é o termo que define esta mostra de Antón Pulido na que se presenta unha ampla recompilación das súas obras máis recentes, que nunca foron expostas en Galicia. Permanecerá aberta no Sexto Edificio ata o 12 de xaneiro de 2014.

A traxectoria artística de Pulido comeza de xeito autodidacta na década dos setenta, sendo mestre en zonas rurais como Bóveda de Amoeiro, aldea ourensá na que naceu en 1944. Durante estes anos a súa temática e o seu estilo están moi influídos polo ámbito, sendo cadros de carácter intimista ou paisaxístico, que retratan a súa vida cotiá.

Posteriormente, trasládase a Barcelona, estudando na Facultade de Belas Artes de San Jordi. Etapa que marcará profundamente o seu estilo plástico para sempre. Así, do fauvismo dos anos oitenta, onde o seu gusto pola cor intensa queda patente, pasamos a unha etapa expresionista, que ocupará a maior parte da súa carreira e que xamais abandonará de todo. Primeiro, con imaxes nas que a paisaxe e o ámbito practicamente desaparecen e nas que a figura humana, case sempre en soidade, é a protagonista. Poderemos ver algunhas obras deste período nesta exposición do Museo. A composición vai cambiando e a cor cada vez ten máis protagonismo, as súas imaxes xa non son íntimas, de abismos e soidade, e o debuxo vaise perdendo en favor da pincelada e a textura, cada vez máis influídas pola abstracción. As Kermesses nacen neste momento. As figuras, aínda presentes, están arremuiñadas, mesturadas en composicións coloristas e rítmicas. Son a representación da alegría de vivir, da festividade e da celebración.

As obras, que podemos contemplar nesta exposición, representan a evolución destas primeiras Kermesses. A figura humana xa non é evidente, a abstracción domina a linguaxe pictórica e a técnica, e a composición realízase a base de campos de cor. Esta é a etapa máis moderna de Antón Pulido, que pertence de xeito indubidable á categoría de Arte Contemporánea. Algunhas destas obras viaxaron a lugares tan afastados como Corea ou Beijing, todas foron producidas nos últimos anos. A maioría son inéditas e expóñense por primeira vez en Galicia no Museo de Pontevedra.

Web: www.museo.depo.es


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635