Noticias de Hoy
29214594_10155101150666227_5761134822932086784_n
Fecha: 18/04/2018
Horario: 22:00

Actuación Martí Guillem e Mateo Mena en Pontevedra

Actuación Martí Guillem e Mateo Mena en Pontevedra

Martí Guillem nace en Valencia, creativo heterodoxo, manipulador de aparellos sonoros, imaxes, accións, obxectos e formas, onde o frecuente se transforma en inusual, en único. A improvisación, a experimentación e o D.I.Y. (do it yourself) combínanse de maneira irreverente pero reflexiva en propostas maioritariamente efémeras. Caracterízase por unha linguaxe fresca e cambiante que reflexiona ao redor dos hábitos sociais e da relación entre a creatividade e o cotián.

TON-DOSE é un proxecto de Martí Guillem onde crea pequenos dispositivos sonoros dentro de latas de conserva.
Os diferentes elementos produtores de son son manipulados en tempo real creando un evento de caracter audiovisual cun carácter marcadamente poético.

Ton-Dose foi presentado entre outros lugares e encontros en Ensems Festival Música Contemporània de Valencia, MOOZAK Vienna, Retune 16 Festival Berlin, LoopSider Berlin, Wisp Festival Leipzig, entre moitos outros lugares.

https://www.youtube.com/watch?v=Y0vBI8JaG-4&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=eqttldzFaqA

Mateo Mena é artista sonoro e deseñador de instrumentos musicais electrónicos, pertencente ao colectivo Metamovida. O seu traballo está centrado no desenvolvemento de novos instrumentos analóxicos e na súa posterior utilización musical, ben a solo ou como integrante de agrupacións como o dúo audiovisual performativo Nostoc ou a propia Orquesta Metamovida. Participou en festivais como Imaxinasons (Vigo, 2015), LAV'17 (Vedra) ou Sons Creativos (Lugo, 2017) e en espazos de creación como Tabakalera (San Sebastián), CGAC (Santiago de Compostela), MUSAC (León) ou La Térmica (Málaga).

Os hipercubos son pequenos módulos cúbicos que conforman un novo instrumento musical electrónico. Estes cubos están construídos con placas de metacrilato transparentes, as cales conteñen circuítos analóxicos no seu interior. O instrumento, deseñado en 2014, pode ser construído, descolocado e reconstruído a vontade durante os concertos en función do resultado sonoro que o músico desexe obter. Conectando os cubos entre si se altera o resultado sonoro, habendo módulos que xeran, controlan e modifican as ondas sonoras, os cales se poden combinar de diversas formas para traballar con sons electrónicos puros sen necesidade algunha de computadores. 

https://vimeo.com/222432533