A Mediados do século XIX. Comezo do ano da Serpe do Lume do gran estado chinés. Celébrase, entón, nos arredores e no alboio da clandestina colonia chinesa da comarca das rías a chegada do novo ano. O balbordo da festa; con participación do dragón, máscaras, tracas, adobíos, enfeites e vestimentas da ocasión, oculta a desgraciada morte do ancián egrexio Cao Yang. A festa remata de contado ao descubrirse a traxedia, fuxindo en escorrentada os presentes e deixando o morto no centro do escenario. O defunto Cao Yang, esposo da moza Sima Yi Qí, morreu pola causa dun fulminante veleno que lle administraron na entrementres da festa.
O comisario Stefano Luigi Ferraro, antigo oficial militar, foi expulsado de Italia por aliarse con Austria cando a invasión de Piamonte, e acadou o exilio nun pobo costeiro das rías na rexión occidental española. Cínico. De tendencia fascista e nacionalista e inimigo acérrimo de Francia e de toda as minorías étnicas, foi recrutado pola policía do país en calidade de investigador-comisario de menor rango. Por elo foille asignado o encargo de resolver o crime e topar o culpable ou culpables.
O evidente desconsolo de Sima Yi Qí, viúva de Cao Yang, acentúa a ledicia do comisario Stefano Luigi Ferraro o que desagrada ao seu namorado platónico Liang Zhù. Mentres o forense, Dr. Coello, e o axudante do comisario, Coto Lameiro, xuntan as probas do acontecido, a Intendente Lara Campiño trata de dar freo aos evidentes excesos do comisario cara a colonia chinesa.
Por fin o culpable é descuberto e cae sobre el todo o peso da lei
As entradas para esta farsa de 7 minutos, apta para todos os públicos, poderanse mercar 1 hora antes a un prezo de 2€.