Epic Race II en Pontevedra
Segunda edición da Epic Race Pontevedra, unha proba Non Stop pertencente ao calendario da Federación Galega de Ciclismo e na que os participantes deberán percorrer 550 km. con 14.000 metros de desnivel acumulado positivo, por toda a Provincia de Pontevedra, ao longo do día e da noite, desafiando os montes, acariñando as Rías Baixas e coñecendo os bosques máis antigos e os pobos máis pintorescos. Todo iso cun límite de 51 horas.
O percorrido non está flechado, polo que o seguimento da ruta realízase lendo os datos do terminal GPS co que os participantes deben orientarse para chegar a Moraña, Vila de Cruces, Forcarei, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, Redondela, Tui, A Lama e de novo Pontevedra.
!º ETAPA PONTEVEDRA – MORAÑA
Distancia: 65km
Desnivel positivo acumulado: 1700m
Desnivel negativo acumulado: 1550m
2º ETAPA MORAÑA – VILA DE CRUCES
Distancia: 78km
Desnivel positivo acumulado: 2450m
Desnivel negativo acumulado: 2100m
3ºETAPA VILA DE CRUCES – SOUTELO DE MONTES (FORCAREI)
Distancia: 76km
Desnivel positivo acumulado: 2150m
Desnivel negativo acumulado: 2000m
4º ETAPA SOUTELO DE MONTES (FORCAREI) – PONTEVEDRA
Distancia: 54km
Desnivel positivo acumulado: 1100m
Desnivel negativo acumulado: 1700m
5º ETAPA PONTEVEDRA – REDONDELA
Distancia: 58km
Desnivel positivo acumulado: 1450m
Desnivel negativo acumulado: 1450m
6º ETAPA REDONDELA – VALENÇA (EUROCIDADE TUI-VALENÇA)
Distancia: 90km
Desnivel positivo acumulado: 2300m
Desnivel negativo acumulado: 2300m
7º ETAPA VALENÇA (EUROCIDADE TUI-VALENÇA) – A LAMA
Distancia: 78km
Desnivel positivo acumulado: 1800m
Desnivel negtivo acumulado: 1400m
8º ETAPA A LAMA – PONTEVEDRA
Distancia: 53km
Desnivel positivo acumulado: 1350m
Desnivel negativo acumulado: 1750m