XIX Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Fecha 28-11-2017 a 1-12-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

XIX Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual do Club Alpino Ourensán, e un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

O fío conductor deste ano é a exploración e a aventura, contando coa primeira expedición extraeuropea ourensá a África, e centrándonos, con outras tres ponencias, en América do Sur.

PROGRAMA

Martes 28 de novembro – Expedición Ourensá Alto Atlas 88. Trinta anos na memoria.
Interveñen varios participantes da expedición.

Logo dun intenso período montañeiro nas altas montañas da península ibérica e macizos europeos o club pretende una nova fronteira nos grandes cumios do continente africano, O Alto Atlas.

Mércores 29 de novembro – Trekking e Kaiak polo P.N. Torres del Paine.
Interveñen Carmela Conde e Enrique Soto.

Unha viaxe realizada entre os meses de novembro e decembro por América do Sur. Unha viaxe de navegación en kaiak por Chepu, Parque Nacional de Chiloé e o trekking de “La W” nas torres do Paine, que constituíu o comezo da gran travesía en kaiak polo Río Serrano, Río Tindal e o Fiordo, Seo e Estero “Última Esperanza”.

Xoves 30 de novembro – Mochileando América do Sur
Intervén Raquel Novoa

Unha aventura, unha viaxe mochileira de 5 meses dende centro América ata a rexión mais austral do planeta, a Patagonia. Polo camiño, mergullaron, ascenderon picos de mais de 5000 m, descenderon barrancos e realizaron travesías andinas de varios días de duración. Pero sobre todo, empapáronse do espírito viaxeiro e das diferentes culturas de todos os países que coñeceron: Costa Rica, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina.

Venres 1 de decembro – Incógnita Patagonia
Intervén por Eñaut Izaguirre

INCÓGNITA PATAGONIA é un proxecto que aúna exploración, alpinismo e cartografía glaciar. Tivo como obxectivo explorar e atravesar por primeira vez o campo de xeo Cloué, na illa Hoste (extremo austral de Sudamérica), ascendendo cumes inescaladas e cartografando o retroceso glaciar dunha das zonas mais remotas e incógnitas da Patagonia.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×