Vacacións con Ciencia, con Fatiropina en Ourense
Os días 26, 27 e 28 de marzo ás 12 h os rapaces de 6 a 12 anos teñen unha cita na biblioteca con Fatiropina e os seus experimentos. Son 3 obradoiros científicos independentes, e podes anotarte en algún ou en todos.
Luns 26: Extracción de perfume
Martes 27: Leite máxico
Mércores 28: Elaboración dunha pila de limóns