Uxío no país de Patadecabra en Ourense
Uxío no país de Patadecabra en Ourense
Este é un conto inédito que mestura a maxia, o teatro e os monicreques creando un dinamismo continuo enriba do escenario. Uxío é un neno de 7 anos que quere chegar a ser un Gran Mago, aínda que a súa realidade dille todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia. Nese soño comezan a pasar cousas extraordinarias…Que pasará cando Uxío esperte? Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que para conseguir algo, so hai que desexalo con moita forza.
Duración: 60m
A partir de 3 anos
A partir de 3 anos