San Silvestre 2018 en Ourense.
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade o luns 31 de decembro de 2018.
Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense.
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación conxunta.
Percorrido: (A saída e meta estará sita no Xardín do Posío). Xardín do Posío – Rúa Padre Feijoo – Rúa Colón – Praza Maior – Rúa Barreira – Rúa Burgas – Rúa Desengano – Avenida de Pontevedra – Rúa Lamas Carbajal – Rúa do Paseo – Rúa Concordia – Rúa Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa dos Fornos – Rúa Unión – Praza do Trigo – Rúa Hernán Cortés – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Lugo – Xardín do Posío.
Incricións: As inscricións estarán abertas do 3 de decembro ata o 26 de decembro de 2018 ás 20:30 h.
Retirada de dorsais e chips: Terá lugar o sábado 29 e domingo 30 de decembro de 2018 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 no establecemento de TURINI sito na Rúa Cardenal Quevedo, 19 – Baixo, C.P. 32004, Ourense.
NON se entregarán dorsais o día da carreira.
Premios
Todos/as os/as participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.