Noticias de Hoy
Fecha: 10/03/2021

Presentación do libro Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo

O vindeiro mércores, 10 de marzo, ás 20:00 horas o Ateneo de Ourense ten programado a presentación da edición facsimilar do libro Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro, editado polo Ateneo de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña para conmemorar o centenario do nacemento do artista.

A presentación correrá a cargo de dona María Victoria Carballo-Calero Ramos, Catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo.

Debido ás restricións sanitarias a entrada será libre ata completar o aforo de cincuenta persoas. Aos socios que asistan ao acto daráselles un libro, xentileza (50 exemplares) do Ateneo de Santiago para os socios do Ateneo de Ourense.

Para asistir é obrigatorio cumprir co protocolo establecido polas normas sanitarias.