Noticias de Hoy
Laroucofest
Fecha: 29/07/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Laroucofest 2017

Laroucofest 2017

III Edición na defensa da nosa Serra e do medio ambiente.

Praia fluvial O Carneiro Baltar

10:00h Andaina Serra do Larouco

Movidos por unha paixón, respecto e idolatría pola Serra do Larouco ou Larouco Deo Máximo (Un Deus), enmarcado no programa festival de música tradicional LaroucoFest 2017, decidimos promover unha andaina e unha carreira de trail, dando a coñecer un pouco da súa historia. Servirá tamén de oportunidade para que os atletas do Ultra Trail Ibérico Vilar de Perdizes e que habitualmente fan as distancias máis curtas coñezan o Larouco, mentres que para os outros servirá de recoñecemento. Contaremos unha das historias máis lindas da nosa terra.

Saída: 10h - Praia Fluvial O Caneiro - Baltar (Ourense)

Comida para todos o remate

Sorteo dunha volta en parapente

 

16:00h IX Festa Popular

Xogos Populares

Obradoiro de baile tradicional galego

As Xeitosiñas

La Asociación Cultural “As Xeitosiñas”, el 21 de Junio de 2013 en Asamblea general ,   decide   registrarse ante las autoridades Suizas y Gallegas y la administración Española. Se ha elegido una comisión gestora con el objetivo de redactar los Estatutos y el Reglamento de funcionamiento interno.

El 20 de Septiembre de 2014, en la Asamblea general ,se aprueba toda la documentación y se elige el nuevo Comite Ejecutivo que se compromete a intentar registrar la Sociedad ante todos los organos para darle personalidad jurídica propia. A dia de hoy 5 de Septiembre de 2015 estamos inaugurando el Centro Social Restaurante, Centro de Mayores, Juventud y Deportes. Hemos logrado todos los objetivos propuestos.

Además hemos logrado el reconocimiento como Comunidad Gallega aprobado por el Consejo de la Xunta de Galicia el 6 de Agosto de 2015 y publicado en el DOG N° 166 del 1° de Septiembre de 2015.

Banda Gaitas Baltar

 

Cé Orquesta Pantasma

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

 

Os da Porfía

Os da Porfía naceron dun reencontro. Sete homes que despois de anos formando parte de diversas agrupacións folclóricas e grupos musicais, se xuntaron no grupo Brincadeira, de Santiago de Compostela, e comezaron un novo proxecto. Son 7 pandeireteiros e 3 músicos, de diferentes profesións, que interpretan temas recollidos por eles. A súa indumentaria é un dos seus sinais de identidade.

 

Tanto nos Ten

Somos un grupo de música da Galiza que empregamos no noso repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país,...e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva...coa que tratamos de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das nosas intervencións, tanto de rúa coma de palco

 

 

The Tetas Van

Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas´ Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.

Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.

The Tetas´ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.

Sacha na Horta

Grupo de música xurdido en 2007. O grupo xurdiu no competición musical A polo ghit, organizada pola Radio Galega e Vieiros. Gañaron o primeiro premio coa súa canción "Biocultivos", elixida como canción galega do verán. O premio era unha viaxe a Cuba para actuar na Feira do Libro da Habana. En 2008 deron o seu primeiro concerto no Centro Social da Gentalha do Pichel[2]. Os membros do grupo veñen doutros grupos como Os Festicultores, A Matraca Perversa ou Galegoz.

 

Encontro de Parapente Campeonato Pre Europeo

Concentración de parapente

-Remontes sabado y domingo
-prueba de permaencia con premios
-cena de celebracion
-conciertos de musica, etc
Ademas este año coincidimos con el campeonato preeuropeo de parepente con lo que sera un evento inolvidable
precios:
socios -cena+remonte 15€
no socios -cena mas remonte 20€
cena solo -15€

 

Postos de artesanía

Laroucofest E
Andaina Laucofest
DSC02526
Ce Orquestra Pantasma carballeira zas
tetas1
Sacha_na_Horta