Intercambiador de roupa!! en Ourense.
En aras dunha maior auto-xestión e auto-suficiencia pero sempre dende o comunitario ofrecémosvos o Intercambiador de roupa! Celebraremos xuntanzas os venres do mes de xuño na parte de atrás da Tenda do Comercio Xusto. Cada quen pode traer as prendas que xa non usa coa intención de que lle gusten ao resto de participantes e, do mesmo xeito, atopar novos modeliños de cara o verán.