A historia do Apalpador, Auditorio Municipal de Ourense

Fecha 22-12-2013
Hora 12:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A-historia-do-ApalpadorTíteres Cachirulo preséntanos no Auditorio Municipal de Ourense A historia do Apalpador.

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×