A aposta clara e decidida polos grupos emerxentes e pola oferta escénica galega predominan na sexta edición do FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense, que non esquece o carácter internacional do certame e a conxugación no programa de propostas de rúa e de sala.
Do 12 ao 22 de outubro, o FITO trae teatro de rúa e de sala a lugares como o Teatro Principal, o Liceo, a Casa da Cultura de Barbadás e as rúas da cidade.
O actor, mago e pallaso alemán, de orixe canadiana, Dado presentará en Ourense o vindeiro día 18 a súa montaxe Agardando a Dado. Por outra banda, a compañía portuguesa Escola de Noite traerá, o día 19, Un homem non camiño e Natalia Outeiro, Pajarito, estará con Isolada.
O público disfrutará das propostas de teatro de texto coas compañías Contra-producións e Redrum Teatro, e narración con Quico Cadaval. Tamén está presente na programación o teatro de máscaras co estreno de “Frío”, da compañía galega A Feroz, que poderá verse no Teatro Principal o 14 de octubre, ás 20.00 horas.
Tamén será protagonista a danza con Marta Alonso, e clown con “Pajarito”. De fóra da comunidade, chegan espectáculos como a comedia xestual que ofrece Inda Pereda, o teatro de texto da compañía A Escola da Noite e o artista clown Dado.
O festival mantén a aposta polos novos valores coa convocatoria 67 Graos. Ourense Efervescénica, unha iniciativa que conta con cinco bolsas de creación dotadas con 300 euros.