O XIV Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que no seu programa inclúe por primeira vez tres concertos en diferentes escenarios da Ribeira Sacra.
A contorna escollida para o festival son os mosteiros de Santo Estevo, San Pedro de Rocas e Santa María, e celebrarase do 4 ao 13 de xuño.
O programa do XIV Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso inclúe este ano catro concertos que terán como escenarios Ourense, Nogueira de Ramuín, Esgos e Xunqueira de Espadanedo a cargo de conxuntos e solistas de referencia no mundo da música clásica procedentes de Italia, Cataluña, País Vasco e Asturias, así como a proxección no Teatro Principal de Ourense dun documental sobre un dos compositores españois máis importantes, José Nebra.
PROGRAMA
4 de xuño
Santiago na devoción medieval. Ás 21 horas, na igrexa de Santiago das Caldas de Ourense, concerto inaugural a cargo do grupo italiano Lareverdie, prestixioso conxunto con trinta e cinco anos de traxectoria e referente no mundo da música medieval en Europa.
6 de xuño
Catro estacións porteñas en Broadway. No Claustro dos Bispos do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), ás 20.00 horas, concerto de Daniel Ligorio, pianista catalán considerado como un dos músicos de maior proxección no panorama nacional.
11 de xuño
Documental: Nebra, o trunfo da música. No Teatro Principal de Ourense, ás 20.00 horas, estrea do documental que repasa a vida e obra de José Nebra, o compositor español máis importante do século XVIII, e no que se recolle o proceso de recuperación dunha das súas óperas, Venus e Adonis, sen interpretar en case 300 anos.
12 de xuño
Farándula castiza. Ás 20.00 horas no mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, actuación do conxunto asturiano de música barroca Forma Antiqva, que tras vinte anos de carreira está considerado pola crítica como un dos grupos máis importantes da música clásica en España.
13 de xuño
Open the door! No mosteiro de San Pedro de Rocas, o acordeonista vasco Iñaki Alberdi ofrece un orixinal concerto no que rende homenaxe ao mestre Astor Piazzolla con partituras que van desde o renacemento ata a actualidade.