Noticias de Hoy
Cata vinos y peliculas web
Fecha: 03/08/2023
Horario: 21:00

Vinos de película

Cecilia Fernández e Cristina de la Torre ofrecerán unha cata combinada de cine e viño na Praza da Torre do Castro o próximo 03 de agosto para o que xa están abertas as inscripcións na páxina web da Ruta do Viño de Valdeorras.

Valdeorras é terra de viños pero tamén de películas e por iso dende a Ruta do Viño de Valdeorras propuxemos a dúas profesionais da comarca e socias da Ruta, a enóloga Cecilia fernández e a realizadora Cristina de la Torre, que prepararan unha cata combinada destas dúas disciplinas.

A actividade realizarase o próximo xoves 3 de agosto ás 21 horas na Praza da Torre do Castro, no Barco de Valdeorras. A actividade, cun custe de 10€, ten un aforo máximo de 30 persoas e organízase coa axuda da Deputación de Ourense e a colaboración do Concello do Barco. Para inscribirse é necesario encher o formulario dispoñible na páxina web da Asociación.