Noticias de Hoy
Inauguración_Viaxando_O Carballiño
Fecha: 01/09/2023 a 03/09/2023

'Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA' no Carballiño

Afundación presentou esta mañá no Carballiño a súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación, «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA», unha mostra de rúa que se presenta grazas á colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da localidade.

Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá, asistiron o alcalde do Concello do Carballiño, Francisco José Fumega; o primeiro tenente de alcalde do Concello do Carballiño, José Manuel Dacal; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso; e a coordinadora institucional de Afundación de Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

A exposición poderase visitar na praza Emilia Pardo Bazán ata o vindeiro 3 de setembro.