Afundación presentou esta mañá no Carballiño a súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación, «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA», unha mostra de rúa que se presenta grazas á colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da localidade.
Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá, asistiron o alcalde do Concello do Carballiño, Francisco José Fumega; o primeiro tenente de alcalde do Concello do Carballiño, José Manuel Dacal; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso; e a coordinadora institucional de Afundación de Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
A exposición poderase visitar na praza Emilia Pardo Bazán ata o vindeiro 3 de setembro.