Noticias de Hoy
VANNU
Fecha: 20/12/2014
Horario: 22:30

Vannu

VANNU é un proxecto nado en Ourense en setembro de 2013. A súa especialidade son as versións, e os xéneros musicais que actúan como punto de partida son o funk e o soul. A pesares disto, tamén teñen cabida no seu repertorio outras músicas afíns, tales coma o rockabilly, jazz, latin, ou reggae.

Os compoñentes de Vannu son:

Fernando Tato: batería.
Raquel Huete: baixo eléctrico.
Ramón Prol: guitarra.
Víctor Barbosa: piano e teclados.
Iván Olmos: voz e piano.

En definitiva, Vannu é unha banda de recente creación que acostuma a tratar as súas versións dende un punto de vista moi persoal, feito en boa parte provocado polas moi diversas procedencias e formación musical de cada membro. Cada peza é tratada no local de ensaio cun coidado extremo, xa que a seriedade do proxecto e a visión inconformista colectiva fan que a súa maduración sexa lenta. Malia a súa xuventude, este grupo ten a firme intención de entrar a formar parte do entretemento e goce de cantas persoas o vexan en concerto e, como non, de facerse un oco na escea musical ourensá e galega.