Noticias de Hoy
Trio D'Argent
Fecha: 06/02/2014
Horario: 20:30

Trio D'Argent

Trio de frautas: Michel Boizot, François Daudin Clavaud, Xavier Sanint-Bonnet

Michel Boizot , François Daudin Clavaud e Xavier Saint-Bonnet tocan xuntos desde 1984, o que lles dá unha complicidade fóra do común. Este trío alterna cunha facilidade incrible as frautas baixas cos frautíns ou as frautas de bambú. Estes tres frautistas licenciáronse na Ecole Normale de Musique de París, e en 30 anos de carreira non deron menos de 1.500 concertos.

Alentado desde a súa creación por Jean-Pierre Rampal e Alain Marion, con quen deron varios concertos, o Trio d'Argent inicia a partir de 1989 unha carreira internacional que o levou a viaxar polo mundo, desde Asia a América. Os seus periplos déronlles aos seus concertos unha riqueza sonora única e particular.

Os seus encontros con compositores actuais franceses e estranxeiros permitíronlles desenvolver un novo repertorio para tres frautas. Numerosos compositores dedicáronlles obras, como Ton That Tiet, Thierry Pécou, Suzanne Giraud, Luc Ferrari, Gualtiero Dazzi, Leon Milo, Bruno Ducol, Mario Lavista, Ana Lara, Gabriela Ortiz, Marcela Rodríguez... En 1985 gañaron o premio da Fundación Yehudi Menuhin. En 1993, presentaron as súas novas pezas en concertos temáticos onde a paisaxe se basea na luz e o son, o vídeo e a interactividade en tempo real.

Despois dunha residencia no Conservatorio da Habana e no Conservatorio de Pequín en 2011, deron clases maxistrais en Hanoi, Shanghai, Cidade de México, Tashkent, Chengdu e Porto Rico.