Teatro: O secuestro da biblioteca en Ourense
Montaxe de Sarabela teatro para o público infantil.
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue as autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con grans? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde procurala.
Recomendado a partir de 5 anos.