Teatro: O Sal do mar e outros contos mariñeiros en Ourense
Estrea da nova montaxe de Teatro do Andamio, unha peza de temática mariñeira recreada sobre a cuberta dun barco.
A Iago gústalle o mar e gústalle a aventura. Milleiros de veces xogaba co seu avó a ser mariñeiro: dar unha volta ao temón, tocar a campá, subir na ponte de mando do capitán e dar ordes. O avó sempre lle dicía: Oe, Iago, lembra, os mares non nos separan, únennos, somos moi diferentes e parecidos á vez!!!! E agora o soño pódese facer realidade, Iago vai facer a súa primeira viaxe!!! Pero antes... deberá coñecer a Marina, que lle brindará esta grande oportunidade. O seu barco aínda está atracado no peirao, pero el xa soña con saír a navegar, cruzar os mares, descubrir lugares descoñecidos, coñecer xente nova e por fin... poder abrir o baúl cheo de tesouros que lle deixou o seu avó.