Noticias de Hoy
Fecha: 08/09/2017 a 15/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Teatro Polos camiños do tempo en O Barco

Teatro Polos camiños do tempo en O Barco

Os próximos días 8 e 15 de setembro, a partir das 19 horas, terá lugar a representación de «POLOS CAMIÑOS DO TEMPO», un percorrido teatral sobre a historia do Barco e de Viloira, que transcorre entre a praza Maior e a Casa Grande en sete escenas nas que interveñen personaxes históricos, e nas que se representan algúns momentos salientables da historia local.

A peza foi escrita por Gustavo Docampo e realizada por Gargallada Teatro baixo a dirección de José Luis García Alejandre “Alex”. É unha produción do Concello do Barco que a inclúe na programación das Festas do Cristo.