Teatro Plastic - Paula Quintas. Traspediante Ourense
Estrea en Ourense desde a antítese ou retórica, PLASTIC propón unha recuperación da memoria corporal desde dentro cara fóra. Como emanan substancias desde o noso interior e podemos trasladalas a un código plástico - estético e conservalo? Partindo do corpo como contedor, como se dunha Barbie se tratase, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o baleirado.
Un traslado emocional pola traxectoria persoal e artística do propio corpo, datas, pegadas, obxectos, estimulación sensorial e cicatrización corporal lévannos ás ideas referenciais da historia da arte, xogos luminosos e transposicións.
Duración: 50m
A partir de 18 anos
A partir de 18 anos